Outros recursos de OmegaT

Outros recursos de OmegaT

Complementos de OmegaT

Complemento de Tokenizers Permite o recoñecemento de formas flexivas en coincidencias parciais e resultados do glosario. Hai dispoñible unha guía que describe o complemento de tokenizers.
Complemento LanguageTool Comproba se hai erros idiomáticos (estilo, gramática, etc.)
Complemento Scripting Permite a scripts externos acceder ás funcionalidades de OmegaT. (Non se debe confundir coa funcionalidade \xABExportar texto\xBB, que tamén permite empregar scripts con OmegaT, pero dunha forma máis básica.)
Complemento Okapi Filters Proporciona filtros para poder traballar con formatos de ficheiro adicionais, entre os que se inclúe o TTX de Trados.
Complemento Apertium Integra a funcionalidade de tradución automática de Apertium en OmegaT.

Importante: para usar os complementos, é posible que teña que instalar unha versión máis recente de OmegaT.

Utilidades

Utilidade de aliñamento \xABAligner\xBB Escrita en Python. Contribución de Dmitri Gabinski.
Utilidade de aliñamento \xABBligner\xBB Escrita en Python/Perl. Contribución de Didier Briel.
TMXMerger Un script de liña de comandos de Java para unir dous ou máis ficheiros TMX. Contribución de Henry Pijffers.
TMXCleaner Un script de liña de comandos de Java para borrar unidades de tradución \xABsuperfluas\xBB dun ficheiro TMX: borra todas as UT fóra do segmento de destino ou que sexan idénticas ao fragmento de orixe. Contribución de Henry Pijffers.
Toxic Utilidade para converter ficheiros Trados TagEditor (TTX) a un formato intermedio, permitindo que se traduzan en OmegaT. Esta colección de scripts pode ser útil para os creadores de scripts con coñecementos de tcl/tk. Recomendamos ó resto de persoas que usan OmegaT empregar no seu lugar o Plugin Okapi Filters. Toxic é unha contribución de Marc Prior.
Toxic para Windows Versión executable de Toxic para Windows.
Toxic para Linux Versión de binario de Linux de Toxic.
Scripts Toxic Versión de scripts de Toxic. É independente da plataforma, require tcl/tk.
Stripper Un script para extraer texto de ficheiros de texto plano (por exemplo, de código fonte de ordenador) para traducir co OmegaT. Require tcl/tk. Contribución de Marc Prior.
TKount Utilidade para contar textos TKount. Require tcl/tk, Abiword e pdftotext. Foi probado en Linux. Contribución de Marc Prior.
Ondiloto Ferramenta de busca en dicionario en liña. Require Linux, w3m e tcl/tk (ambos están normalmente incorporados en Linux). Contribución de Marc Prior.
Priorview Utilidade Tcl/tk que proporciona unha vista previa con formato dos textos traducidos. Contribución de Marc Prior.
Convertedor de ficheiros Wordfast TMX Convirte memorias de tradución do formato TMX xerado por Wordfast a un formato que OmegaT pode ler. Contribución de Dmitri Gabinski.

Recursos varios

Curso de adestramento Curso de adestramento de OmegaT. Consiste nun modelo de manual do estudante con instrucións de adaptación para aprendices e recursos de mostra.
Iconas Unha selección de iconas alternativas para OmegaT.
Textos de mostra Para probar e mostrar OmegaT.

Recursos de localización

Repositorio de TMX de localización Arquivos TMX de localizacións da documentación e a web de OmegaT para localizadores.
Esta páxina web Os arquivos desta páxina web, nun práctico paquete para aqueles que desexen localizala.